Saltar ao contido

Historia de Malta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Malta

Mapa de Malta de 1704
Historia Malta Malta
Cronoloxía Cronoloxía de Malta
Categoría Historia de Malta

A historia de Malta abrangue a historia de Malta e a dos seus estados sucesores. Cuns 7 000 anos de historia, con restos megalíticos que datan do 4000 a. C. O seu nome antigo foi Melita (Μελίτη) derivado de mel. Foi unha colonia fenicia que co tempo permaneceu á órbita de Cartago. Na primeira guerra púnica estaba en mans dos cartaxineses e foi atacada pola frota romana dirixida por Atilio Régulo, no 257 a. C., pero non foi ocupada. Na segunda guerra púnica a gornición cartaxinesa era comandada por Amilcar, fillo de Gisgó, que se rendeu ante a frota de Tiberio Sempronio Longo e desde entón pertenceu a Roma e foi incorporada dentro da provincia de Sicilia. Logo dun breve dominio bizantino en 533 e un probable saqueo dos vándalos, Malta foi conquistada en 870 polos árabes, cuxa influencia pode ser atopada na lingua maltesa moderna, unha lingua fortemente romanizada que orixinalmente deriva do árabe vernáculo. No 1530 os Templarios establecéronse en Malta. Consideraban a illa como a porta da cristiandade de occidente e adornárona profusamente con templos e fortalezas. Os ingleses permaneceron alí máis dun século e medio. Alcanzou a independencia no 1964 e desde 1974 é unha república, pertencendo dende o 2004 á Unión Europea.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]
Templo en Malta.

A chegada do home ao Mediterráneo central foi relativamente tardía en comparación con outras zonas da contorna. Parece que Malta non foi ocupada ata o Neolítico, cara ao 5200 a. C.. A ocupación proveu dos desprazamentos da veciña Sicilia. Durante este período importábase lava e pedras desde a costa siciliana e exportábanse téxtilé manufacturados. Os máis antigos signos de enterramento foron atopados en Skorba. Durante a que sería a Idade do Cobre en Sicilia, en Malta floreceu a Idade ou Era dos Templos, (4000 a. C. - 2500 a. C.) en honra ás grandes construcións megalíticas que levaron a termo. Esta civilización autóctona coñeceu polos seus intercambios con Sicilia os metais pero non os usou, levando a cabo un gran desenvolvemento na técnica de elaboración de útiles coa pedra. Na Idade de Bronce as aldeas por vez primeira comezaron a ser protexidas con singulares empalizadas. A chegada do cobre e o bronce permitiron unha expansión dos cultivos e un aumento da poboación. De 1500 a. C. a 725 a. C. a poboación abandona as pequenas aldeas para instalarse sobre os outeiros fortificándoas. Os contactos co exterior aumentan con gregos, micénicos e outros pobos do leste.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Fenicios, gregos, cartaxineses e romanos

[editar | editar a fonte]

A chegada dos fenicios ocorreu en torno ao ano 1000 a. C., que bautizaron a illa principal Malat, que significa refuxio seguro, que foi a súa base para o comercio e para as exploracións a través do mar Mediterráneo. No 736 a. C., os gregos ocupan a illa converténdoa na colonia de Melita, aínda que a súa presenza é pouco significativa haste o período helenístico.

Os fenicios estableceran colonias tamén na mesma época en Chipre, este de Sicilia e norte de África. A razón da ocupación non é só comercial, é tamén estratéxica con respecto á potencia grega e Etrusca.

As illas pasaron despois ao control de Cartago (en 400 a. C.) tras declararse as hostilidades cos Gregos. Malta asumiu o seu papel de fronteira entre outras dúas grandes potencias cando Alexandre Magno fai a súa aparición. No 264 a.C. Roma interésase polas illas e as conquista ao redor do 218 a. C. durante a segunda guerra púnica. As illas prosperaron baixo o dominio romano e durante ese tempo foron consideradas un municipium e un feodorata civitas. Moitos restos da presenza romana aínda existen, testemuñando a próxima relación entre os malteses e os romanos. Malta convértese nun refuxio seguro para a frota Romana no inverno que lle permite actuar no centro do Mediterráneo en todo tempo. No 60 d.C., as illas foron visitadas por San Pablo, que se di nos Feitos dos Apóstolos que naufragou nas costas no que hoxe se denomina a Baía de San Pablo.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

Bizantinos e árabes

[editar | editar a fonte]

Logo dunha breve dominio dos bizantinos no 533 segundo relatan as crónicas e un uso para a frota en distintos portos de Gozo e Malta, ademais dun probable saqueo dos vándalos, as illas foron conquistadas polos aglabíé en 878, inusitadamente máis tarde que outras zonas da costa mediterránea como a Hispania visigoda e iso debido probablemente ao seu illamento e á dificultade de chegar por mar desde África. A influencia árabe pode ser atopada na moderna lingua maltesa, unha lingua fortemente romanizada que orixinalmente deriva do árabe vernáculo. Durante este tempo os seus habitantes convertéronse ao islam para evitar ser escravizados. En 1090, os árabes foron finalmente substituídos polos normandos de Sicilia ao mando de Roxerio I, despois de que Malta volvese ser cristiá, aínda que foi necesaria unha segunda expedición en 1127 para o total control do arquipélago con Roxerio II. Foi nesta época que foi creada a nobreza maltesa. Esta aínda permanece hoxe en día, e hai 32 títulos que aínda se usan, sendo o máis antigo dos Baróns de Djar il Bniet e Buqana.

Alta Idade Media

[editar | editar a fonte]

Tras a expulsión dos musulmáns en 1248 a lingua árabe e a siciliana conviviron e Malta dependeu de diversos señores. A partir de 1373 Malta dispón dunha asemblea (Università) propia que dita as súas normas e gardaba, polo menos aparentemente, a súa independencia con respecto aos señores, aínda que estaba composta por letrados, clérigos e terratenentes. Regulaban o comercio e impartían xustiza, así como formaron un grupo de soldados encargados da defensa das cidades. En realidade o modelo non distaba moito do feudalismo europeo.

Malta mantiña a súa posición estratéxica con respecto a Normandos, Sicilia e os árabes. As relacións comerciais eran fluídas. Estaba na ruta que partía de Castela e Aragón cara ao leste do Mediterráneo, e entre Xénova e o Norte de África (en concreto os portos de Tunisia e Alxeria). Durante este tempo a produción de algodón foi importante, converténdose nunha das principais exportacións.

O cristianismo foi reintroducido nas illas en 1127 con Roger II. Estendeuse rapidamente, aínda que non contou con Bispo propio ata 1366, establecéndose as primeiras ordes relixiosas como os franciscanos en 1372 e os beneditinos. A este establecemento axudou a historia da presenza de San Pablo na antigüidade.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

A partir de 1282 Malta pasa a formar parte da Coroa de Aragón. Ao comezo do período o predominio de comerciantes estranxeiros na economía de Italia e de Sicilia meridional era moi pronunciado. Os cataláns foron formando tamén un grupo importante de comercio mentres que os banqueiros xenoveses facilitaban cantos créditos puidese precisar a coroa aragonesa. Tras a unificación do Reino de Castela e Aragón e a expansión mediterránea dos mesmos entre 1500 e 1510, que supuxo a conquista de Trípoli, Sfax, Melilla e Orán, a importancia de Malta na Coroa de Nápoles foi moito menor.

En 1530, as illas foron cedidas por Carlos I de España á Orde dos Cabaleiros do Hospital de San Xoán de Xerusalén que foran expulsados de Rodas polo Imperio Otomán en 1522 a perpetuidade, a cambio do pago simbólico dun falcón cada ano. Esta orde monástica militante, coñecida desde entón como a Orde de Malta, foi cercada polos turcos otománs en 1565, despois de que reforzasen as titificacións, especialmente na nova cidade de Valetta, así nomeada por Jean Parisot da Valette, o seu construtor.

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]

O seu dominio terminou cando Napoleón conquistou as illas en 1798. A ocupación francesa foi impopular, con todo, debido á súa negativa actitude cara á relixión. Os malteses rebeláronse contra eles, e os franceses foron forzados a retirarse tras das fortificacións. Gran Bretaña, xunto co Reino das Dúas Sicilias, enviou municións e axuda. Os británicos tamén enviaron a súa frota, que impuxo un bloqueo ás illas. As illadas forzas franceses, baixo o xeneral Claude-Henri Belgrande de Vaubois rendéronse en 1800, e os británicos tomaron o control das illas, converténdose nun protectorado e foi presentado por varios líderes malteses a Sir Alexander Ball.

En 1814, como parte do tratado de París, Malta pasou a ser oficialmente parte do Imperio Británico. Debido á súa situación estratéxica en metade do Mediterráneo, a medio camiño entre o estrecho e a base británica de Xibraltar ao oeste e o Canle de Suez e o Exipto británico ao leste, pasou a ser usada como porto de escala cara á India e sendo cuartel xeral da frota ata mediados da década de 1930. Malta desempeñou un papel importante durante a segunda guerra mundial, dado que a súa posición tamén se achaba a medio camiño entre a Italia fascista e o seu campo de batalla en Libia e África do Norte, polo que foi unha espiña nas liñas de aprovisionamento do Eixo, sendo bombardeada e duramente asediada. A coraxe do seu pobo levou á entrega da Cruz de San Xurxo, que hoxe pode ser vista na bandeira do país.

Século XX

[editar | editar a fonte]

A independencia de Malta foi concedida o 21 de setembro de 1964. Segundo a Constitución de 1964, Malta mantén como soberana a Raíña Isabel II, e un gobernador xeral exerce a autoridade executiva no seu nome. Pero o 13 de decembro de 1974, Malta transformouse nunha república dentro da Commonwealth, co Presidente como xefe de estado. Aínda que Malta era enteiramente independente desde 1964, os servizos británicos permaneceron no país e mantiveron un control total sobre os portos, aeroportos, correos, radio e televisión ata o 31 de marzo de 1979, cando as últimas tropas británicas abandonaron a illa despois de que o goberno británico refusara pagar a taxa que pretendía o goberno maltés do momento (laborista) para permitir que as forzas británicas permanecesen no país. O primeiro ministro era, entón, Dominic Mintoff. Malta atopouse en momento libre de bases militares estranxeiras por primeira vez na historia. Este acontecemento é hoxe celebrado como o Día da Liberdade.

Século XXI

[editar | editar a fonte]

Malta adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]